COMENIUS

COMENIUS

No ano 2006 comenzamos o noso primeiro proxecto Comenius, un proxecto multilateral con unha escola de Nizip (Turquía) e outra de Ingolstadt (Alemania). Preroman Europe foi a nosa primeira colaboración con outras escolas europeas dentro deste programa, e foi precisamente a nosa escola a coordinadora do traballo.

Despois desta primeira experiencia continuamos sumando máis socios de traballo e experiencias. Profesores, alumnos e familias gardan sen dúbida un grato recordo dos distintos proxectos, que nos axudaron a ampliar o noso coñecemento doutros países e sociedades, e nos permitiron tamén ampliar as nosas relacións profesionais e persoais.

No menú desplegable podemos consultar máis información sobre cada un dos proxectos Comenius nos que o noso centro ten participado.