Proxecto Erasmus + KA1: Internacionalización e calidade na escola (2016-18)

Formación contínua Erasmus + no IES de Pobra do Caramiñal

O IES de Pobra do Caramiñal leva participando máis dunha década en diferentes proxectos europeos Comenius e agora Erasmus + .

A participación en proxectos transnacionais é un aspecto ó que o noso centro da gran importancia, xa que nos permite ampliar a dimensión europea e a cooperación con outras escolas , entrando en contacto con prácticas educativas innovadoras e métodos organizativos de distintos países.

Así mesmo tense revelado como importante fonte de motivación e de dinamización en diversos ámbitos, así como provedora de experiencias intensas de aprendizaxe e convivencia. Neste curso comezamos a desenvolver o proxecto Erasmus + KA1 Internacionalización e calidade na escola, que se levará a cabo entre os vindeiros 2 cursos, para rematar no mes de febreiro de 2018.

As actividades foron deseñadas para que os profesores do centro melloren as súas competencias nas linguas estranxeiras e no ámbito do deseño e implementación de proxectos europeos de calidade. Os cursos de formación programados neste proxecto son os seguintes: 2 cursos “Quality EU Project Management Erasmus+” dirixidos a profesores do centro involucrados en proxectos europeos . 3 cursos de perfeccionamento en lingua inglesa dirixidos principalmente a profesores de aulas bilingües (CLIL), profesores de lingua estranxeira e profesores participantes en proxectos europeos .

Deja un comentario